Concellerías

 

José Ramón Pardo Andrade:

Concelleiro delegado de urbanismo, vivenda e solo (excluído o ámbito do casco histórico); vías e obras, parques e xardíns e cemiterios: 16 horas semanais.

Lorena Couso Dopazo:

Concelleira delegada de cultura; turismo; comercio; casco histórico; igualdade e muller; xuventude e voluntariado; política lingüística; información e comunicación: 16 horas semanais.

Ángel Rodríguez Conde:

Concelleiro delegado de servizos sociais(excluídos os servizos vinculados á terceira idade, o centro de información á muller e, en xeral igualdade e muller); saúde pública; protección civil e emerxencias; persoal; festexos: 12 horas semanais.

Francisco Javier Guillán Iglesias:

Concelleiro delegado de servizos municipais básicosde alumbrado público e xestión enerxética, abastecementode auga potablee saneamento de augas residuais, limpeza viaria e recollida e tratamento dos residuos sólidos urbanos; praza de abastos, mercado dominical e, en xeral venda ambulante: 12 horas semanais.

Andrés Sanmarco Santos:

Concelleiro delegado de deportes; promoción do emprego e traballo: 12 horas semanais.

Francisco García Dios:

Concelleiro delegado de educación e ensino; terceira idade: 12 horas semanais.

O Pleno da Corporación Municipal en sesión do 02 de xullo de 2015 fixou as seguintes retribucións brutas a percibir en doce pagas ordinarias máis dúas pagas extraordinarias anuais polo mesmo importe ao equipo de goberno: – Alcalde-presidente: 37.000,00 euros anuais. – Concelleiro/a delegado/a de cultura; turismo; comercio; casco histórico; igualdade e muller; xuventude e voluntaria- do; política lingüística; información e comunicación: 11.500,00 euros anuais. – Concelleiro/a delegado/a de urbanismo, vivenda e solo (excluído o ámbito do casco histórico); vías e obras (excluído o ámbito do casco histórico) e servizos públicos básicos: abastecemento de auga, saneamento, alumbrado público, recollida de residuos sólidos urbanos, parques e xardíns, limpeza viaria e cemiterios: 11.500,00 euros anuais. – Concelleiro/a delegado/a de deportes; promoción do emprego e traballo; persoal; réxime interior e tráfico: 7.500,00 euros anuais. – Concelleiro/a delegado/a de festexos; novas tecnoloxías; educación e ensino; benestar e servizos sociais e praza de abastos e mercados: 7.500,00 euros anuais.