Comisións

 

As comisións dependen do Pleno Municipal e están constituídas por unha serie de membros que designan os grupos políticos en proporción ao número de concelleiros que cada un deles ten no Pleno. A funcións das comisións concéntranse no estudo, informe e consulta dos temas que se someten ao Pleno, o seguemento da xestión do alcalde e do seu equipo de goberno e a xestión de todas aquelas funcións que o Pleno lle delegue directamente.

No pleno do día 02 de xullo de 2015 quedan constituidas as 4 Comisións Informativas:

1.Comisión Especial de Contas, á que lle corresponderá o exame, estudo e informe da Conta Xeral e das demais contas anuais.

2. Comisión Informativa A), á que lle corresponderá o estudo e ditamen dos asuntos relativos ás áreas de urbanismo, vivenda e solo, vías e obras, servizos públicos e casco histórico.

3. Comisións Informativa B), á que lle corresponderá o estudo e ditamen dos asuntos relativos ás áreas de cultura, turismo, comercio, igualdade e muller, xuventude e voluntariado, política lingüística, información e comunicación, festexos, novas tecnoloxías, educación e ensino, benestar e servizos sociais, praza de abastos e mercados.

4. Comisións Informativa C), á que lle corresponderá o estudo e ditamen dos asuntos relativos ás áreas de deportes, promoción do emprego e traballo, persoal, réxime interior, tráfico, seguridade cidadá e economía e facenda.