A nosa concelleira

 

Ola! Son Teresa Rey Pazos, concelleira do grupo mixto polo partido Veciños de Padrón. Agora mesmo estou compaxinando esta actividade co estudo dunha oposición e, antes de que se fundase Veciños, traballei na banca, nunha asociación de caixas de aforros, nunha asociación empresarial e como mestra nunha academia de inglés. Estou graduada en dereito pola Universidade de Santiago de Compostela, onde tamén estudei un máster en Banca, Finanzas a Seguros. Ademais disto, fixen un segundo máster en Educación Secundaria Obrigatoria, Bacharelato, Formación Profesional e Formación de Idiomas na Universidade de Vigo, e vivín un ano en Dublín (Irlanda) onde, ademais de aprender inglés, traballei nun hotel como camareira. Son unha grande amante dos animais e en especial dos cans; de feito, teño dous. Gústame moito facer vida no lugar onde nacín: Padrón. Este foi un dos motivos polos que os meus compañeiros de partido me escolleron para liderar o proxecto de Veciños, un proxecto que ten coma principal obxectivo facer de Padrón un lugar mellor.

Nesta páxina web de Veciños de Padrón atoparás toda a información relativa ao noso partido, así como a información e a documentación máis relevante do noso Concello. Esperamos que o noso traballo aquí sexa útil e agradable para ti. Dende Veciños de Padrón estamos, coma ves, dispostos a traballar polos intereses do noso pobo, así que si tes algunha achega para a nosa web, non dubides en poñerte en contacto connosco (podes facelo na pestana “participa”).

Un saúdo e vémonos nas rúas,

Teresa