Solicitamos o seu permiso para obter datos estatísticos da súa navegación nesta web, en cumprimento do Real Decreto-lei 13/2012.
Se continúa navegando consideramos que acepta o uso de cookies.
OK / Más información

 

Últimas novas

 

Ler máis

 

Ler máis

 

Ler máis

 

Quen somos?

Somos un grupo de VECIÑAS e VECIÑOS con diferentes ideoloxías que nos unimos porque estamos cansos dun concello que non evoluciona a pesar de todo o seu potencial. Unímonos para traballar man a man coa veciñanza e así, mellorar o pobo. A nosa máis firme intención é converter Padrón nun concello vivo.

Manifesto Fundacional

Padron é un pobo cheo de historia, cultura, berce do Xacobeo, espazos naturais, produtos coñecidos internacionalmente como os pementos de Herbón, un mercado dominical dos máis populares de Galicia, un gran tecido empresarial,comercio, museos, un núcleo urbano cheo de posibilidades, parroquias con encanto, e cunha situación xeográfica estratéxica. Vemos como todas estas grandes virtudes do noso concello en vez de axudar a prosperar e crecer, cada día van a menos; algunhas lastran o porvir do pobo e non son aproveitadas para o desfrute e benestar da xente. É por iso que un grupo de VECIÑAS e VECIÑOS decide dar o paso de crear este proxecto para que entre todas e todos poidamos dar a Padrón o impulso que necesita. O noso fin é administrar e xestionar os recursos do noso concello de forma honesta, transparente e eficaz, para iso é necesario xente nova con novas ideas, ilusión e capacidade de traballo. Dende VECIÑ@S estamos a sentar as bases para que o ti sexas fundamental neste proxecto; queremos contar coa achega de tod@s para conseguir un PADRÓN mellor.